…e ti, eres enBlogámico?

Estes días deume a tolemia de andar a xogar con mil cousas (o do tema friqui desta bitácora, incluido) Así que sen o consentemento de ningún dos citados, púxenme a facer unha especie de Planeta Blogmillo ou enBlogamia.

Non pretende suplir ó magnífico e completista listado da blogaliza, senón un sitio que me resulte cómodo para ler as bitácoras que acostumo a visitar máis a miudo… e que sexa un pouco máis pequeno e manexable.

Andiven engadindo os sitios a man, así que igual non está o teu… pero entón avisa!!!

…e se che sirve para estar máis ó tanto do que falan os que están ó teu redor, mellor que mellor!

Por certo, que a sementeira sigue aberta, para estar ó día das novidades do pais.

A luz do mundo

Natural Lighting 2 de wb_skinner

…esta imaxe é de wb-skinner un dos milleiros de ARTISTAS que deambulan por devian art …

…nestes días de inquedanzas eléctricas, non está de máis pensar na natureza…