…perdedor de mus!
Non hai mellor distracción que unha boa churrascada cos amigos… atufando a fume e enchoupando a carne no preve rodeados de viño. Acompañar de licores variados para quentar o corpo, mentras fora o ceo obcécase en botar auga. E xogar ó mus con templanza, para deixar por sentado quenes levan(levamos!) a victoria no campionato super-mega-hiper-extra-universal de mus da Casa do Parrol nas Somozas.
Un saudo á flamante parella Luis (Rockaway power!) e a todos os que malamente intentaron destronar ós mellores xogadores de mus… obviamente, de xeito infructuoso! XD
Para quen lle interese, hai información básica do mus na wikipedia (como non!); datos curiosos e divertidos nesta páxina de mus de Lorena; algunhas frases para escachar coa risa dende elmus.org e finalmente todos esos datos matemáticos sobre o xogo do mus… que non servirán de moito nunha partida real.