Nunca fedellara tanto co MacOSX (a 10.4.9 Tiger) como estes últimos días e hai cousas que me gustan, e cousas que non.
Os sistemas operativos, deberían estar deseñados para ser cómodos, intuitivos e moi sinxelos de manexar e o Tiger ten un pouco de case todo iso.
Axiña se acostuma un a saber onde está todo. E todo está ben ordeado, pero tal e como quere o propio sistema. Empezan a faltarche cousas, pero o xeito de unificar a barra de menús sempre no mesmo sitio, uniformiza as xanelas de traballo e quita estorbos do medio. O panel de configuración ten todo ben integrado e ordena as cousas dun xeito manexable. Así sabes que ou está aí, ou non está. Habituarse a instalar as aplicacións arrastrando e soltando, é todo un shock, pero dende logo é a forma máis cómoda de traballar, e ía sendo hora que se fixese así.
E todo é estable, elegante, está ben pensado… salvo as pequenas diferencias que che fan cambiar o chip. Porque xa non hai botón dereito, as teclas de control, alternativa, e a mazá descolocan, os menús despistan,…
Dende logo está xeitoso é práctico e a curva de aprendizaxe é moi curta, porque os menús, os botóns, as barras, os desplegables,… o de sempre, segue estando por algún sitio, só hai que saber buscar ben.
Só agradecería un pouco máis de soltura e liberdade á hora de estructurar todo… teño a sensación de sentirme encorsetado e dirixido en todo momento.
…igual é o síndrome de estocolmo…
Escritura desatendida…
Powered by Bleezer
Ferramentas de escritura… polivalentes!?
Powered by Qumana