Arquivos de Marzo, 2007
ás 12:22
Innova. Educadores en Red
arquivado en: tomonota, eSementes, Multi-½, PolÉtica, Ciberlingua, Ceros e uns, Xeral
Innova. Educadores en Red, un novo portal da Universidade de Salamanca para o intercambio de experiencias en TIC e educación. Vía Octeto
- Etiquetags: educación, innova, rede, tic universidad de salamanca
ás 9:40
people who have disappeared
arquivado en: Imaxines, PolÉtica, Ciberlingua, galEGO, Xeral
En 1501, o portugués Gaspar Corte-Real trataba de encontrar un camiño polo norte, entre Asia e Europa. De familia de exploradores, enviou ó seu irmán Miguel de volta a portugal, mentras él continuaba na súa busca. Nunca máis nada se soubo del.
En 1502, Miguel Corte-Real, reemprendía viaxe na procura do seu irmán Gaspar, desaparecido un ano antes. Coma con aquel, ninguén tivo noticias súas nunca máis.
Vasco Anes Corte-Real, irmán dos dous anteriores, e fillo do tamén explorador Joao Vaz Corte-Real tentou de novo iniciar unha nova viaxe para atopar a Gaspar e Miguel. Manuel I rei de portugal, que promovera a busca do inicial camiño euroasiático, non llo permitiu.
Co pai, parece ser que descubriron Terranova uns vinte anos antes de que Colón chegara a américa… pero entón habería que cambiar moitos libros de texto…
http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_people_who_have_disappeared
http://pt.wikipedia.org/wiki/Pedra_de_Dighton
- Etiquetags: america, Corte Real, discover, dissappeared, people terranova
ás 22:36
Primeiras aventuras na maciñeira
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, Xeral
Nunca fedellara tanto co MacOSX (a 10.4.9 Tiger) como estes últimos días e hai cousas que me gustan, e cousas que non.
Os sistemas operativos, deberían estar deseñados para ser cómodos, intuitivos e moi sinxelos de manexar e o Tiger ten un pouco de case todo iso.
Axiña se acostuma un a saber onde está todo. E todo está ben ordeado, pero tal e como quere o propio sistema. Empezan a faltarche cousas, pero o xeito de unificar a barra de menús sempre no mesmo sitio, uniformiza as xanelas de traballo e quita estorbos do medio. O panel de configuración ten todo ben integrado e ordena as cousas dun xeito manexable. Así sabes que ou está aí, ou non está. Habituarse a instalar as aplicacións arrastrando e soltando, é todo un shock, pero dende logo é a forma máis cómoda de traballar, e ía sendo hora que se fixese así.
E todo é estable, elegante, está ben pensado… salvo as pequenas diferencias que che fan cambiar o chip. Porque xa non hai botón dereito, as teclas de control, alternativa, e a mazá descolocan, os menús despistan,…
Dende logo está xeitoso é práctico e a curva de aprendizaxe é moi curta, porque os menús, os botóns, as barras, os desplegables,… o de sempre, segue estando por algún sitio, só hai que saber buscar ben.
Só agradecería un pouco máis de soltura e liberdade á hora de estructurar todo… teño a sensación de sentirme encorsetado e dirixido en todo momento.
…igual é o síndrome de estocolmo…
- Etiquetags: apple, macosx, sistemas operativos tiger



ou
ou





