Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Toc Toc

A meirande parte das portas só teñen un sentido para abrirse. Outras, máis decididas, permiten avanzar por un ou por outro lado. E incluso hai algunhas, as máis caprichosas, que nin o sentido do xiro teñen controlado.

Pola outra banda están, quenes desexan cruzar e agardan a pasar, ou que alguén lles abra o paso. Ou os que non saben se avanzar, ou agardar que avancen dende o outro lado. Finalmente están os que xiran, incluso cambiando a rotación a cada pouco…