Renaissance

Renaissance

Renaissance foi unha das estrelas dos pasados Sitges e Art Futura.

Un producto francófono, que non é orixinal nin pola súa ambientación, nin o seu tratamento da imaxe, nin a súa música, nin o seu guión,… pero que enganchará e gustará a unha determinada franxa de público.

A todos aqueles fans de Sin City, Blade Runner, 1984, Matrix, Ghost in the Shell,… resultaranlle familiares moitas cousas, pero Renaissance aporta un pouco máis a este cine de imaxinería e entretenemento que tanto nos gusta.

A min gústame moito máis o trailer francés de abaixo, pero aquí está a ligazón para quen o queira en inglés

Supoño que non chegará ás carteleiras, xa que non é unha película de multicines e masas de público, así que ide pensando nas alternativas…

[ev type="youtube" data="Ylo1RTR9xg8"][/ev]