Arrexuntate ben!

515th Xan 2007, Ciberlingua, eSementes, galEgo, Imaxines, tomonota, Xeral

…xa que Binarem o pide…

Hola,

Avísote de que faremos unha convocatoria para dar apertas gratis en Coruña o 27
de xaneiro ás 19h desde o Obelisco.

Non sei como foi a convocatoria a nivel mundial de decembro, eu non estaba en
Coruña. En calquera caso creo que pouca xente enterouse da súa existencia
desgraciadamente.

Somos xa un grupiño de xente que queremos levar a cabo esta acción, como xerme
para posteriores quedadas similares que cada quen faga pola súa conta se quere.
Non é fundamental que acuda pouca ou moita xente, pero creo que sí sería
interesante que houbese unha primeira vez o máis masiva posible. Por iso a
estou promocionando un pouquiño pola rede e por outros medios.

Espero a túa resposta e se che parece ben que tamén axudes (correo, blog ou
como che pareza) a difundir a acción.

Máis información en:
http://ingobernable.bitacoras.com/archivos/2007/01/15/apertas-gratis-en-coruna-27-de-xaneiro-de-2007

5 Comments Feed de comentarios

  1. pepe penas (15 Xaneiro, 2007, 22:02).

    Eu non estarei na Coruña….pero doulle unha aperta,dende Pontevedra, a todolos que ali vaian
    Apertas a todos e a todas.

  2. dorfun (16 Xaneiro, 2007, 14:44).

    …a ver se as apertas desta cita, se tornan nalgo máis cariñosas do políticamente correcto… :em27:

  3. Galicia Confidencial » Blog Archive » “Apertas e abrazos gratis” na Coruña (17 Xaneiro, 2007, 11:32).

    [...] Máis información en: aquí e aquí. [...]

  4. Birnarem (21 Xaneiro, 2007, 23:18).

    Creo que moit*s d*s que estaremos alí somos políticamente incorrectos por natureza, ou sexa que respeto aos demáis e ás apetencias ou gustos de cada quen moitos, pero corrección política ningunha :P

  5. dorfun (22 Xaneiro, 2007, 19:51).

    …haberá logo, que montala! :em33:

Add a Comment