Na rúa dos concesionarios

03rd Xan 2007, Ciberlingua, galEgo, Imaxines, Xeral, , , ,

Un vello cocheO vello coche cheo de ferruxe, observaba tímido e envexoso ós flamantes deportivos, coas súas brilantes cores, as súas liñas redondeadas e os seus potentes motores. A tristura que semellaba irradiar, lembraba momentos pasados de paseos a carón do mar.
Do outro lado dos cristais, as modernas máquinas da estrada, contemplaban ó seu novo veciño coa ilusión de algún día, poder ser lembrados e admirados para sempre. Moitos deles, tremían pensando nun futuro en pedazos por algunha estrada perdida ou baixo toneladas de ferruxe, nalgún desgüace perdido da man de deus.
Entre eles, os conductores paseban sen decatarse da situación…

No Comments Feed de comentarios

Add a Comment