Suxerencias para o día de hoxe
[AVISO: Se non sabes o que é o boot.ini, mellor non xogues con estas cousas]
Unha broma interesante para os usuarios de Windows, consiste en engadir un parámetro na liña de inicio do sistema operativo Windows XP: boot.ini
Simplemente edita o arquivo, e ó final da liña de carga do Windows, engade /basevideo (probablemente obteñas unha liña deste estilo: multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINDOWS=”Microsoft Windows XP Professional” /NOEXECUTE=OPTIN /FASTDETECT /BASEVIDEO )
Agora, cada vez que o usuario inicie o sistema, o escritorio terá unha resolución de 640×480. Poderá modificala á resolución que queira, pero en cada reinicio manterase esa resolución… ata eliminar o parámetro citado.
…a ver quen é o listo que se da conta dese cambio! ;P …non sexades malos! >:D



…a min xa me vai tocando… XD…
Ghasús, que mala baba!