Un telescopio para comezar

727th Dec 2006, Ceros e Uns, galEgo, Imaxines, tomonota, Xeral, , , ,

Telescopio do Lidl Teño un amigo que gusta da astronomía, e que me recomendou este telescopio.

Obviamente non vai ser o mellor do mundo, pero pola relación calidade precio parece que merece a pena. [70¤] Polo menos é máis asequible que moitos dos que venden por tendas de fotografía, e ten mellores prestacións.
O ano pasado empecei a curiosear un pouco no tema, e agora apetéceme profundizar un pouco máis.

Se alguén ten interese, está avisado… e gracias Rubén, polo aviso!

7 Comments Feed de comentarios

  1. Manuel Rivas (27 Decembro, 2006, 22:00).

    ¿Este é o do Lidl? ¿Disque existe, despois de todo?

  2. dorfun (27 Decembro, 2006, 23:22).

    …pois existe… a partir do día 2… e non sei ata cando! :D

  3. caladinh (28 Decembro, 2006, 0:17).

    Vaia, que febre, miña irmá tamén se fixo con un a semana pasada.

  4. dorfun (29 Decembro, 2006, 7:40).

    …a tirarse ós montes!!! …seguro que por aí fora, hai cousas máis interesantes que ver, que as que temos ó noso redor…

  5. Arduina (30 Decembro, 2006, 14:18).

    Poderiasme mandar detalles ó mail? Onde mercalo e iso. Queremoslle mercar un ó meu avó, e fiamonos :D

  6. dorfun (30 Decembro, 2006, 15:28).

    …pensaba que con poñer a ligazón na foto sería suficiente :D

  7. Arduina (31 Decembro, 2006, 0:42).

    Ejem, gracias (na berza estou)

Add a Comment