Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

A importancia dos pequenos esforzos

O novo concepto dos últimos meses é o crowdsourcing, o cal non penso definir, pero no que ultimamente me gusta pensar. Facer grandes cousas, xuntando pequenos impulsos é algo que se leva facendo dende que o que existe é. Á natureza, de feito, vaille moi ben, a base de pequenos cambios que non serían nada sen unha visión global de conxunto.

No mundo dos ceros e uns, os cambio viñeron nun primeiro momento, de grandes esforzos singulares. Os medios non eran propicios, e tampouco era sinxelo acometer grandes medianos proxectos sen un respaldo forte que o substentase… pero así foi.
Hoxe a cousa é ben distinta, se un consigue a colaboración suficiente, pódese cambiar a percepción de centos de cousas, dun día para outro. De feito, a medida que vai pasando o tempo, a posiblidade de mudar a dirección na que avanzan os feitos, cada vez é máis sinxela. Soprar con insistencia para que un barco se mova, só depende do tamaño do barco… ou da cantidade de soplidos.
Non é preciso poñer exemplos ou resultados acadados deste xeito, tanto por unha banda como na outra. En algún momento, alguén atopará o mellor xeito de coordinar, os milleiros destes importantes e pequenos esforzos, porque daquela empezará todo…

[outro fun&track]