A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Twitpic Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Estar ó día

É complicado. Tentar saber o que se move, en xeral, polo mundo adiante é dificil. Pero saber cómo se move unha cousa… é moito máis sinxelo.

Realmente, no meu traballo diario non o preciso, pero gústame estar ó tanto das novidades que me podan afectar, influir ou simplemente polo interés de coñecer o que sucede no meu entorno directo.

E hoxe en día, as cousas son moito máis cómodas. Porque como xa dixera algunha vez: a información ven a ti. No meu feedreader, teño agregadas algunhas das fontes importantes de novas, personalizadas para as miñas búsquedas particulares.

Así por exemplo, bloglines permite rastrexar entre as súas anotacións e sindicar os resultados http://www.bloglines.com/search?q=galiza&ql=pt&s=f&pop=l&news=m Tamén technorati permite localizar calquera etiqueta que precisemos http://www.technorati.com/tag/galiza ou incluso o flickr http://www.flickr.com/photos/tags/galiza/ Pero para qué enganarnos, tanto Yahoo! http://news.search.yahoo.com/news/search?fr=sfp&ei=UTF-8&p=galiza coma Google http://news.google.com/news?hl=en&ned=us&q=galiza&btnG=Search+News reparten entre os dous a maior parte das grandes dosis de datos… Incluso del.icio.us permite obter información http://del.icio.us/rss/popular/galiza ou o portal de novas Digg http://digg.com/rss_search?search=galiza&area=all&type=both&age=7

Cos exemplos de antes, podemos facer certo seguemento a calquera cousa que poda circular polo mundo e faga referencia a Galiza, con todo o que iso pode significar… porque a parte filtrante e interpretadora, xa depende de nós.

…obviamente, unha parte máis que importante de todo isto, é saber categorizar correctamente a información… pero esa xa é outra historia…

Sen comentarios