As anotacións anteriores, Quick News Flagged Article, son fruto dunha combinación de varias ferramentas.
Por unha parte, o QuickNews é un fantástico lector de sementes RSS para Palm, que entre outras cousas (coma escoitar podcasts) permite marcar as novas que máis che interesen, para posteriormente, podelas enviar por correo.
No WordPress, na instalación por defecto, permítese tamén publicar anotacións que se reciban nun determinado enderezo de correo electrónico.
E finalmente, para facer que estas aparezan automaticamente, hai que manter unha tarefa que consulte a miudo, se nai novos correos. Ben co uso da aplicación CRON (propia do sistema operativo) ou máis sinxelo todavía, co engadido WP-Cron.
En resumo, un xeito cómodo de manter unha lista de todas aquelas novas que por algún motivo, suscitaron o meu interés… e tamén por suposto, de escribir cousas como estas dende calquera sitio…