Feedflare de sementes para Chuza!
Feedburner é unha ferramenta da rede, que permite manipular unha semente para, entre outras cousas, potenciar o seu funcionamento.
Dende hai tempo, WordPress dispón dun engadido (WordPress Feedburner Plugin) que permite redireccionar todo o tráfico xenerado pola lectura da túa semente, ó enderezo de Feedburner. Por exemplo, a semente desta bitácora http://www.adorfunteca.org/feed, realmente tómase de http://feeds.feedburner.com/adorfunteca, o cal ten dúas ventaxas principais.
Por unha parte, aforras todo o tráfico que puidera xenerar a lectura desa semente, que xa de por sí é ínfimo en relación coa visita á páxina real… pero por outra, moito máis interesante, podes analizar, optimizar, publicitar, sacar rendemento, ou diagnosticar en busca de erros.
Non vou entrar no funcionamento de Feedburner… se alguén quere saber algo, que pregunte.
Entre algunhas destas cousas que permite este servicio, están os Feedflares, algo así como a posibilidade de implementar engadidos á semente, para dinamizar o seu contido. Deste xeito, baseándome no Feedflare que Mariano fixo para Menéame, adapteino para Chuza! e agora ó final da semente sindicada desta bitácora, hai unha ligazón, para chuzar directamente cada unha das novas.
As instruccións son do máis sinxelo do mundo. Unha vez rexistrada a túa semente en Feedburner, só tes que ir ó apartado Optimize e escoller Feedflare na columna, e activalo. Logo, no casilleiro Add New Flare, só tes que pegar este enderezo:
http://www.adorfunteca.org/descargas/chuza.xml
…para finalmente marcar a casilla correspondente a Feed.
Para non pecar de autobombo XD, que alguén chuze esta nova, se o cre convinte, PERO DENDE ESA LIGAZÓN NA SEMENTE!!!



chuza.org (13 Novembro, 2006, 23:39).
Feedflare de sementes para Chuza!…
Agora podes incorporar a opción de chuzar nas túas sementes rss en FeedBurner…
Chuzado queda, a ver se o inclúo á miña semente. Fai pouco estreei a miña conta FeedBurner e haberá que sacarlle partido ó xoguete novo.
Nada, probando se funcionan os comentarios…jeje
Parabéns polo traballo, anque a utilización do Feedburner (eu tamén o utilizo) máis ben será por centralizar as sementes, que na nova casa tes unhas portas ben grandes para que entre e saia moita xente ao mesmo tempo:D
…o paso natural seguinte á sindicación é a reutilización das sementes, modificación, adaptación, optimización,… e se podemos descentralizar… porqué non?
(por certo, como teño espacio de sobra, se alguén quere subir fotos, arquivos, documentos, ou calquera outra cousa… só ten que pedilo!)
torrie wilson in playboy
http://myblog.es/torrie-wilson