Cambios (copia da última anotación en http://dorfun.bitacoras.com)
Cuarta mudanza da dorfunteca.
Naceu en blogger, medrou en webcindario, madurou en bitacoras.com …e agora bota a andar baixo un dominio propio:
Quero agradecer sobre todo a David Martinez e Jose Luis Perdomo, por todo o esforzo (xunto ó resto de equipo) que poñen en bitacoras.com, e as facilidades que me deron para poder xestionar con eles a miña bitácora… que seguirá mantendo todo o seu contido nese servidor… pero agora, precisaba algo máis e non quería seguir a molestalos.
Copiei todos os arquivos, todas as anotacións, as imaxes, os tutoriais, os videos… Pero probablemente algunhas ligazóns non correspondan e aparecerán caracteres estranos nas vellas anotacións, xa que aproveitei tamén para cambiar ó sistema UTF-8 (por fin!)… pero non penso matarme en modificar todo, así que se algo falla, probade cun http://www.adorfunteca.org/ en lugar de http://dorfun.bitacoras.com/ …ou mandádeme un correo.
Escollín dreamhost.com como hospedaxe, porque por menos de 24€ (este primeiro ano) teño 200Gb. de espazo (incrementándose en 1GB. semanal) e 2Tb. de ancho de banda (incrementándose en 16Gb. semanais). Tamén o dominio, contas de correo electrónico ilimitadas (os 250Gb. de espacio), e actualizacións e instalacións automáticas de WordPress, por exemplo.
A primeira novidade neste novo espacio é un repositorio para os arquivos de traducción de WordPress, que estará en:
http://www.adorfunteca.org/wpgalego
…e se alguén quere colabar, fantástico… ou se quere colgar algún outro repositorio para outro programa.
Por último, a semente RSS, tamén cambia, así que agora a nova é http://www.adorfunteca.org/feed (redirixida a feedburner http://feeds.feedburner.com/adorfunteca)



Moitos parabens! Espero que che vaia moi ben coa nova andaina. Se che podo axudar en algo só tes que pedilo (vai ser que non, pero por se acaso eu ofrezome, jaja)
…nada, non te preocupes, todo vai… paseniño… pero vai…
Ei parabens dorfun!!!, collerse unha hospedaxe propia (de pago) é dar por rematada a infancia/pubertá dun bló. Noraboa!!
…non estou moi seguro diso… máis ben unha conxunción de necesidades e posibilidades que, en calquera caso, é algo que hoxe todo o mundo se pode permitir…