Arquivos de Novembro 12th, 2006
ás 23:54
Cambios (copia da última anotación en http://dorfun.bitacoras.com)
arquivado en: Imaxines, tomonota, eSementes, Multi-½, PolÉtica, galEGO, Ciberlingua, Ceros e uns, Xeral
Cuarta mudanza da dorfunteca.
Naceu en blogger, medrou en webcindario, madurou en bitacoras.com …e agora bota a andar baixo un dominio propio:
Quero agradecer sobre todo a David Martinez e Jose Luis Perdomo, por todo o esforzo (xunto ó resto de equipo) que poñen en bitacoras.com, e as facilidades que me deron para poder xestionar con eles a miña bitácora… que seguirá mantendo todo o seu contido nese servidor… pero agora, precisaba algo máis e non querÃa seguir a molestalos.
Copiei todos os arquivos, todas as anotacións, as imaxes, os tutoriais, os videos… Pero probablemente algunhas ligazóns non correspondan e aparecerán caracteres estranos nas vellas anotacións, xa que aproveitei tamén para cambiar ó sistema UTF-8 (por fin!)… pero non penso matarme en modificar todo, asà que se algo falla, probade cun http://www.adorfunteca.org/ en lugar de http://dorfun.bitacoras.com/ …ou mandádeme un correo.
EscollÃn dreamhost.com como hospedaxe, porque por menos de 24€ (este primeiro ano) teño 200Gb. de espazo (incrementándose en 1GB. semanal) e 2Tb. de ancho de banda (incrementándose en 16Gb. semanais). Tamén o dominio, contas de correo electrónico ilimitadas (os 250Gb. de espacio), e actualizacións e instalacións automáticas de WordPress, por exemplo.
A primeira novidade neste novo espacio é un repositorio para os arquivos de traducción de WordPress, que estará en:
http://www.adorfunteca.org/wpgalego
…e se alguén quere colabar, fantástico… ou se quere colgar algún outro repositorio para outro programa.
Por último, a semente RSS, tamén cambia, asà que agora a nova é http://www.adorfunteca.org/feed (redirixida a feedburner http://feeds.feedburner.com/adorfunteca)
- Etiquetags: cambio, dorfunteca, galEGO, hospedaxe, repositorio wordpress



ou
ou





