Novidades no mundo *Press
A comunidade WordPress, ten 2 novos curmáns os foros bbPress e o xestor multiblog μWordPress… benvidos!!!
Vía Tableroide
…todo o que me pasa polo maxÃn!
A comunidade WordPress, ten 2 novos curmáns os foros bbPress e o xestor multiblog μWordPress… benvidos!!!
Vía Tableroide
Pensaba estes días nos cambios que houbo na identidade virtual que temos cada un de nós na rede. Fai anos, un cambiaba de alcume cada dous por tres, e dentro desa capa de anonimato que nos protexía, participabamos en maior ou menor medida en centos de actividades en internet. Facíamos e desfacíamos enderezos de correo electrónico cada día, montabamos páxinas web que morrían esquecidas ós poucos minutos, creabamos polémica nos foros só polo placer do divertimento, xenerabamos ambigüidade provocadora nos chats,… e todo iso, porque no fondo era un xogo, unha novidade da que non tiñas moito control, e probablemente manexabas con certo tino, co medo do “que pasará se”.
Hoxe parece que a cousa cambiou. A xente tenta ter presencia na rede. Quere ser alguén identificable rapidamente… pero tamén manter o anonimato protector. O alcume(nick) segue a ser un xogo divertido, sinxelo, rápido… e moitas veces incluso máis cómodo. Pero perdeuse ese sentimento de medo ó “que pasará se saben quen son”… incluso cando o resto de anónimos virtuais, pensa o mesmo que ti, e lles importa ben pouco saber quen eres.
Ser anónimo, cando queremos ser anónimos, segue a ser válido neste momento. Porque é moi sinxelo esconderse e non ter que respostar nin dar explicacións… pero tamén é un lastre. Cando un leva algún tempo respondendo a un certo estereotipo, resulta moi dificil desprenderse del. E non é por vergoña, nin por desconfianza, nin por medo… o máis probable é que sexa pola dificultade que conleva, ter que reinventarse un mesmo. Ou incluso no mellor dos casos, ter que reconstruir o teu pequeno mundo.
Ninguén precisa dar explicacións, nin ten interese pedilas, cada un é quen cre que é…por certo, para o que non o sepa, chámome Amador.