Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Cun retraso de 4 días

Pasouseme felicitar o cumpleanos de Movable Type. Xa van 5 anos dende o seu nacemente, e moitas cousas cambiaron dende entón… incluidos eles.

Cando decidín escoller un xestor de contidos, ese pequeno mundo andaba revolto, uns chegaban, outros desaparecían… e Movable Type era unha boa (a mellor, probablemente) alternativa nese momento. Pero despois duns meses, apareceu WordPress. O resto xa se sabe.

Namorado de WordPressPero en calquera caso, a ferramente era o de menos. Todo o que veu despois era o interesante.

Como interesante será o que nos depare o futuro, nestas argalladas da rede.

Ainda hoxe, pensaba en facer un xogo, no que a xente poidese participar, pintando nun gran mural virtual… pero xa o fixeron os de C18 co The Group Art Project. Non era exactamente no que pensaba, pero está moi ben.