Arquivos de Outubro 11th, 2006
ás 23:35
Das cousas que non son así
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, Xeral
Pois non señores, nin os megapíxeles eses son o máis importante dunha cámara, nin os mapas que nos poñen reflexan a realidade do mundo, nin o canon que impoñen ós cds é xusto.
Aproveitei estas meneadas, porque o outro día discutían dous rapaces que se a cámara do seu móbil era mellor, porque tiña máis megapíxeles. Desengánate rapaz! …a cámara do teu móbil ten unha óptica de merda, e por moi boa vista que teñas, se os cristais dos lentes están desenfocados, vas amañado!
E ós xornais, televisións e resto de medios gráficos, por favor usen os mapas do mundo con un pouco máis de cabeciña… ou polo menos, avisen do tipo de mapa que están a usar e non traten de enganarnos! Que non se pode proxectar con exactitude unha esfera nun plano, que sempre hai que adoptar unha proxección para iso, e todas son deformacións da realidade!
Acabo de mercar 100 medios de grabación ópticos (50 cds e 50 dvds) por 50¤… metan o puto canón por onde lles quepa, porque eu non penso darlles de comer nin un peso!
…é que chega un momento, que xa se cansa un de tanta esbardallada…



ou
ou





