…en 7 días…
No momento xusto…
…a derradeira oportunidade…
…chegará a ocasión…
…de apreciar a beleza…
…de lanzarse ó infinito…
…ás veces está tan preto…
…todo o que me pasa polo maxÃn!
No momento xusto…
…a derradeira oportunidade…
…chegará a ocasión…
…de apreciar a beleza…
…de lanzarse ó infinito…
…ás veces está tan preto…

Son os anos desta simpática personaxe… ainda que todos o coñecemos dende algúns menos.
Foi un dos meus primeiros mestres de matemáticas,e a coña é que estos días fíxenme cun boneco del… e nunca caera na banda coa bandeira española que o engalana.
Na Muppetpedia, non ven nada sobre iso, e deixoume un pouco sorprendido. Se alguén sabe algo ó respecto…
…sería algo subliminal? XD
Para empezar a montar cousas na rede (foros, bitácoras, portais,… e-learning, egroupware,…) sempre pode lanzarse un directamente, mercar un dominio, o espacio web… e botarse a andar coma ben un poda… preguntando por alí, e lendo moito por acolá…
Pero tamén pode un probar na casa, antes de aventurarse. En Agnix, viña estes días un artigo interesante para montar un entorno LAMP (= Linux [como sistema operativo] + Apache [como servidor web] + MySQL [como base de datos] + PHP [como linguaxe de programación], que é a combinación de máis éxito na rede) un xeito moi sinxelo de montar un pequeno servidor na casa, e botarse a argallar. A instalación que citaban era para a recente Fedora Core 6 (á que lle penso dar unha oportunidade, ata que mañá saia a nova ubuntu
) e describe o proceso básico de configuración de todo o sistema… pero tamén hai unha guía para a nova promesa de Ubuntu.
Como alternativa final, está XAMMP o equivalente para windows… e que estes días tamén andaba a probar, con bastante éxito.
…por que a LAMPara de aladino, cada vez é máis sinxela de manexar… e as cousas xa non son só para 40 gurus pechados nunha cova…