Unha excursión a londres… quinto day

O sábado, foi día de empape de Londres, camiñar, perderse, misturarse, descubrir, investigar,… percorrer o centro, por canto recoveco hai. Subín a pé a Speaker’s corner, un recuncho onde todo o mundo pode poñerse a disertar sobre o que lle pete, publicamente… e dende alí, vía oxford street, ó Soho, Covent Garden e Chinatown. Na New Oxford Street, aproveito para visitar Forbidden Planet, unha tenda de comics para friquis, con bonecos, libros, dvds e comics de todos os tipos e gustos posibeis… para perderse…

O bullicio nótase cada vez máis, non sei se é porque é sábado, pero todo o mundo anda de un lado para outro, mercando, paseando, enchendo as rúas ó fin e ó cabo.

Para a tarde, achégome a Trafalgar Square onde os de Motorola teñen pechada a plaza para un concerto gratuito (previo sorteo das invitacións) dos Scissor Sisters… que tamén retransmite o Channel 4. Toda a zona é un caos circulatorio, tanto a pé coma en coche… e é case imposible moverse.

Logo, un último paseo pola zona da movida londinense… onde por momentos parece Broadway… con limusinas e parellas ultra-fashion, entrando nos mellores clubs.

E así, remata a miña estadía na capital Británica… pero despois do disfrutado, non será a última. A posibilidade de voar a relativamente bos precios, e de dispoñer de hospedaxe tamén barata… facilitanos poder coñecer unha das cidades máis cosmopolitas do planeta.

Hoxe estou algo cansado, pero mañá ou pasado, tratarei de facer unha guía, para todos aqueles que lles apeteza ir a esta cidade, onde recopilarei todo o que é máis ou menos é importante, e que poda servirlle de axuda, e facilite a visita a novos viaxeiros.