Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Unha excursion a londres… fourth day

…hoxe tocoulle o dia, o bohemio e o intelectualoide de todo a cen. Pola manha, visita o mercado de Candem, algo asi coma un feiron, pero que abre todos os dias… quedo coas ganas de mercar unha camiseta de E.T. chamando dende unha cabina…

Despois baixo a Torre de Londres, e a ponte da torre, a mitica de inicio das series inglesas coma a de Benny Hill. Non tinha pensado pagar por entrar en ningun sitio, pero o final mereceu a pena dar un paseo cos Beffeaters para ver onde decapitaron a Ana Bolena, ou os sobrinhos de non sei que outro rei… vamos, caralladas da historia inglesa.

Para a tarde queda a Tate Modern, ultimo obxetivo desta viaxe. Chea de cadros modernos, modernistas, contemporaneos, e o mais in da arte actual, Picasso, Dali, Miro, Warhol,… algunha cousa impresionante, como unha composicion musical a base de pedazos da historia do cine (a pawley encantarialle) e outras realmente extranhas, coma un altavoz dentro dun armario soltando berros aleatoriamente.

E de noite, e a base de reventa, entro no musical We will rock you, sobre a historia de Queen. A verdade e que disfrutei moito, entre a posta en escea con voz e musica en directo, e as cancions que todo o mundo tarareaba e aplaudia.

O Soho, segue a sorprenderme, meterse polas ruas e toda unha aventura, e pasas de zonas de neons e zapatos de tacon, a pubs e camiseta negra,…

P.D. Do que tinha en mente, xa non me queda nada por ver, asi que igual vou ver o cambio de guardia… ou a patear mais, que total xa perdin a sensibilidade nos pes.