Unha excursion to london… third day

Para o terceiro dia queda a parte mais cultural. Despois de ir tanxencialmente, ver a falsa casa de Sherlock Holmes, achegome a British Library… a ver libros. De todos, o que mais ilusion me fai e un orixinal manuscrito de Alicia no pais das marabillas, tamen hai biblias e follas de Galileo, e carta magna. Aproveito para deixar fora, e na mellor das companias, a esmorga… non creo que me detenhan por ir tirando cousas, porque atopar unha papeleira aqui e imposible.

 

Atraveso para achegarme o British Museum que esta, para variar, cheo de cousas roubadas… o peor a zona grega, o partenon, arrincado literalmente da sua orixe para montalo de novo aqui… triste… Do resto, momias e 2 pedras Rosetta, unha para tocar e outra para mirar (a de verdade); arte xapones, celta,.. vamos, que non precisas andar polo mundo, que practicamente tes de todo aqui… ata un moai da illa de pascua.

 

Cruzo para a National Gallery, parando a comer no que din o mellor sitio para o tipico Fish&Chips (…que onde esten o bonito, o bacallau ou as sardinhas, nada!) Entre tanto cadro, faltanme os xirasoles, pero esta a maja desnuda o matrimonio adolfinni (e asi?) e Rembrandt, Rubens,…

 

O final, outra pateada terrorifica… vou vir, que nin o Martin Fiz!

 

P.D. Quixera ponher ligazons, pero este puto ordenador mono-xanela, e do mais inmanexable que hai…