Arquivos de Setembro 13th, 2006
ás 22:09
Unha trip for London… second day
arquivado en: tomonota, Imaxines, galEGO, Xeral
Moverse en metro e do mais sinxelo, eficiente e caro que hai.. pero soluciona o transporte que da xenio!
Hoxe tocoulle os museos educactivos o de ciencias e o de historia natural… de rebote caeu o Victoria e Alberto, que non ten mais que cousas doutros paises roubadas.
Da gusto, ver o didacticos e falsos que tenhen os museos os ingleses… todo son maquetas, replicas e imitacions, pero ben montadas iso si. E con algo mais que abundante informacion, pasearse polo de ciencias sen estar moi pendiente de todo, leva un minimo de 2 horas!!!
Pero a viaxe non foi en balde, xa soltei o primeiro libro, a caron de Peter Pan, no Regent Park… tocoulle o Porco de Pe (sen intencion e… salvo a coincidencia das p iniciais) e nada mais abandoalo, duas rapazas se achegaron a ver que era aquilo… pero non quixen saber o que pasou.
O museo de historia natural xa e unha pasada, so polo edificio que o conten… incrible, a entrada; os dinosaurios e a cantidade de replicas e partes de animais que ali hai e innumerable.
Xa cruzando cara a Picadilly, via Harrod’s of course… sento, como fai todo o mundo, para non facer nada. Como se agardases por alguen, que non vai vir… os neons e e xente arremuinhase para pasar o tempo… cousas!
P.D. Para fotos e esas cousas, habera que agardar a volta.



ou
ou





