Arquivos de Setembro 12th, 2006
ás 23:30
A trip in London… day one
arquivado en: tomonota, Imaxines, galEGO, Xeral
Vale, xa estamos aqui… a xente non fai mais que falar raro; e conducir como o carallo; non hai pasos de cebra nin papeleiras; todo dios anda cun mapa, pero ningun sabe onde se atopa… e para rematar, todas as putas ruas son parecidas entre si. Pero bueno, din chegado o sitio onde reservara para dormir, e contra todo pronostico, todas as reservas por internet… funcionaron!
Estou na zona de Victoria, co cal esta mesma tarde xa me papei a abadia de Westminster, o Parlamento Britanico (Big Ben included) e o Backinham Palace. Moverse por aqui e sinxelo, todo esta ben sinalizado e hai moita rua pequena que permite atallar.
No hostel onde estou xa atopei uns portugueses, co cal a cousa e mais levadeira… pero hai bo rollo en xeral… e de feito levou o top10 dos hostelsnonseique, este ano.
En xeral Londres non ten a pinta dunha macrocidade, ou e que non me metin polo bullicio, pero pasease ben. Os pubs son un timo, pero que carallo a cerveza sabe ben… ainda que eu non sexa desta bebida.
As cousas son caras, comer e caro… pero e o que hai, e como tampouco preciso do Vilas, habera que facer un tour de comidas do mundo.
Por certo, que se alguen quere algo, que o pida…
P.D. Paso de revisar a ortografia desta anotacion, que con este teclado e imposible… e hai miles de wireless…. pero pechadas!



ou
ou





