Libros viaxeiros

510th Set 2006, , Ciberlingua, galEgo, Imaxines, tomonota, Xeral, ,

BookCrossing da Esmorga e do Porco de Pé

Hai libros de viaxes, libros para viaxar e libros viaxeiros… os que aparecen nesta fotografía serán destes últimos.

Teño a intención de deixalos en algún sitio de Londres… só agardo que os que os atopen, podan aprecialos.

…e despois, para facerlles un seguemento, esta será a vida da Esmorgao  devir do Porco de Pé.

5 Comments Feed de comentarios

  1. mendinho (10 Setembro, 2006, 20:05).

    Encántame a encadernación austera de Galaxia. Eu teño un igualiño, ata na cor, con contos de Castealo.

  2. X (11 Setembro, 2006, 11:27).

    Eses titúlos por algún motivo en especial?

  3. dorfun (11 Setembro, 2006, 12:34).

    …a verdade é que esta encadernación pasará á historia da literatura galega (e os libros da colección, tamén, obviamente)… a min tamén me gusta…

    …sobre a elección, probablemente haxa algo subliminal de fondo, agora que o penso… pero revisando na miña biblioteca (e como realmente, dispoño de outra copia) acabaron gañando estes por tamaño peso e valor literario…

  4. Boedense (12 Setembro, 2006, 0:32).

    Haberá que segui-la viaxe que fan os teus libros, Dorfun. Xa nos manterás informado, verdade? Saúdos desde O Morrazo.

  5. dorfun (12 Setembro, 2006, 7:32).

    …teño intención de seguir a aventura deles, e a maiores facer unha crónica para paspáns coma min, que se van á aventura, sen telo pensado moito… :em30:

Add a Comment