
…copio e pego…
Nunca nos escasos 20 anos de vida, perdera o bus que a levaba á vila. Aquela mañá, desbotou a súa fama de madrugadora, e chegara apurada á volta da ponte. A escasos metros viu como pasaba o bus que non debería ter perdido. Pero xa era tarde.
Nos seus escasos 23 anos de vida, xa tiña traballado máis do que debía. Aquela mañá, agardaba paciente a que baleirasen o seu camión cargado de madeira, na serrería a carón da ponte. Do outro lado, viu como unha rapaza perdía un bus. E decidiu cruzar a ponte.
…despois viñeron 30 anos máis de desencontros…