Os que teñen irmáns maiores, en xeral, tiveron sempre un exemplo do que tratar de tomar imaxe e parecerse a eles. Non é o meu caso que son fillo único,
e para ben ou para mal, nunca tiven a oportunidade de ter a quen imitar.
Moitos que lean esto, tamén dirán que non hai peor cousa que os irmáns maiores… pero esa xa é outra historia…
As marcas de coches, están ultimamente a desconcertar ós consumidores (algún día falarei da diferencia entre usuarios, clientes, consumidores,…), sacando versións en pequeno dos seus modelos de automóbil de gama media.
Así, compañías coma Ford, Renault ou Opel, presentaron nos últimos meses, unha especie de imitación a escala dos seus productos Megane, Astra e Focus.

Eu pola miña banda, cumplo un ano co meu utilitario xaponés. E aproveito para darlle as gracias, porque cumplíu con méritos o que agardaba de él.
Ás veces, economía, deseño e funcionalidade son capaz de xuntarse nun mesmo producto… e os orientais saben moito diso. Por algo Toyota é a marca maior valorada polos seus usuarios e que menos ten que acudir ó taller.