Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Setembro, 2006



30.
Setembro
ás 12:29
0

Máis cousas imposibles

arquivado en: Xeral

Bandas de Möbius... obxetos 2D en espazos 3D





28.
Setembro
ás 22:36
1

Punto de acceso frente á estación de autobuses ferrolán

arquivado en: Imaxines, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

FON_dorfun Realmente, non acaba de convencerme a rede esa de FON, a filosofía que ten non é todo o libre que agardaba, pero era o xeito máis barato de facerme cun punto de acceso (son un peseteiro, si)

O caso é que, agora que xa está, aproveito para convidar a todos os que pasen preto da estación de autobuses de Ferrol a utilizala cando queiran.

O punto de acceso FON leva o nome de FON_dorfun, pero este aparato ten unha parte pública (para usuarios rexistrados) e outra privada para uso propio. Non vou poñer aquí cal é a chave desa rede privada… pero xa sabedes onde hai que preguntar se a precisades :)





27.
Setembro
ás 22:01
6

Non, non sei quen é o tal Paco

arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral

O 407 de Paco





25.
Setembro
ás 23:59
0

Cousas que non poden ser

arquivado en: Imaxines, Multi-½, Ceros e uns, Xeral

O contrario a unha esfera





24.
Setembro
ás 22:31
2

Nas fins de semán acumúlase o barullo

arquivado en: Imaxines, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

Cando tiña que aproveitar para desconectar, ocórrenseme unha morea de caralladas sobre a marcha, que obviamente non vou levar a cabo… pero por se algún día a alguén lle interesan… Teño que deixar de percibir cousas estimulantes, que despois un non fai máis que barallar argalladas…
Como montar unha bitácora www.15minutosdegloria.com (agora mesmo a ligazón non existe, creo que non está rexistrada) para que baixo petición (ou non… apuntándose a unha cola) e sin ningún criterio máis que a orde de chegada, ir colgando anotacións durante 15 minutos, nas que alguén quera expresar algo puntualmente, con texto, imaxe, son, video,…

Por outro lado un colectivo de acción inmediata a problemas diarios. Explico. Hoxe escoitaba no telexornal que nunha aldea galega quedaron sen televisión e teléfono por culpa dos lumes… pois organizar xente, e ir aló a facer actividades de entretemento (que era do que máis se queixaban os veciños agora), como teatro, cine, xogos…

Tamén potenciar o uso da Identidade 2.0, porque despois de ver a presentación que me pasou Pater Crespus (grazas!)… a idea non pode ser mellor! Só hay que pensar en cantos nomes de usuarios e contrasinais tes espallados polos distintos servicios da rede… e na posibilidad de fusionar todo en un, para sempre!!!

…teño que apuntar as cousas, que despois pasa o que pasa…







Arquivos: 1 2 3 ... 999999