Libros que fan lectores

327th Agos 2006, , Ciberlingua, galEgo, Xeral

Libros que fan lectoresFai uns meses collín na Biblioteca de Ferol un tríptico que poñía iso: “Libros que hacen lectores (Guía de Lecturas Infantiles)” Asinábao o Servicio de Orientación de Literatura Infantil de Benidorm, e recollía varias decenas de libros, repartidos por idades.

Lembroume ás guías de nadal que sacaba a Biblioteca de Narón, repartindo por idades, ducias de libros que poder pedir por esas datas.

A guía fai unha escolma de libros en castelán, pero aqueles que teñen traducción a outras linguas estatais, están tamén marcados incluso sinalando a editorial apropiada.

As reseñas son maioritariamente de libros de fora da península, non faltan Christine Nöstlinger ou Roahl Dahl, pero tamén están Joan Manuel Gisbert e Agustín Fernández Paz.

Se teño que escoller con qué libros me empecei a enganchar, penso que foi cos de Endi Blyton (nunca soupen chamarlle Enid)… teño a sensación de ter perdido unha parte da literatura, que cando me toque recuperar será moi distinta do que lembre…

3 Comments Feed de comentarios

  1. oko (27 Agosto, 2006, 13:58).

    ás veces aínda collo libros que lía de nena, algún de roald dahl que era o meu preferido, e bótolles un ollos por riba, e parece que nada cambiou. os nenos seguen lendo estas cousas?

  2. Modesto (27 Agosto, 2006, 16:09).

    Supoño que os libros infantís non cambiaron, e seguiran tendo a mesma maxia para os que os lemos. Os que cambiaron, quizais, foron os lectores.

  3. dorfun (27 Agosto, 2006, 21:29).

    …eu medrei con Paco Martín, con Jordi Sierra, Joan Manuel Gisbert, Agustín Fernández Paz,… …imaxino que agora hai novos autores… e se non, sempre nos quedará Harry Potter! :em52:

Add a Comment