A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

…e se facemos unha tele?

Non é broma. Queixámonos do [pouco/moito] polítizados que están algúns medios de comunicación, da falta de obxectividade, de que falan de cousas que realmente non interesan… ou que non falan do que realmente está en boca de todos…

Ó mellor é o momento de deixar que sigan facendo o que lles pete, e facer nós o que nos de a gana!

Pode que este sexa esta a nosa oportunidade para tomar partido definitivamente, e facer a nosa propia televisión, e Democracy, pode ser a ferramenta apropiada. Televisión distribuida, en base a Sindicación + P2P (RSS+bitTorrent), só tes que facer o teu programa e tí mesmo o distribues… rápido e sinxelo!

…no peor dos casos, sempre podemos facer un uso banal deste programa, e seguir vendo esas series americanas que tanto enganchan

6 comentarios