Chámome Amador Loureiro Blanco, pero veño usando o alcume de dorfun dende hai tempo.
Vivo na cidade de Ferrol, na Galiza... que é o equivalente europeo ó Far West.
Se queres contactar comigo, podes chamarme ó teléfono 622adorfu ou enviar un correo a dorfun(en)adorfunteca.org
E se che apatece argallar un pouco, podes pasear por esta bitácora http://www.adorfunteca.org
Un pouco de min
Nacín no Ferrol, 7 meses antes da morte do Caudillo. Fixen estudios de matemáticas, pero decidín reconvertir a miña formación para enfocala no uso e divulgación das novas tecnoloxías. Colaborei no proxecto Ciberlingua e outras actividades formativas, e neste intre traballo coma mentor de soporte técnico de Stream ECE para Dell Computers.