Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

…pois o domingo 30 de xullo… XANTANZA DO BLOGMILLO!!!

Xa pasaron demasiados días, dende a invención do Amigo Inblogsibel, pero a cousa non quedou no ar, e dixemos: “se total hai que quedar para a argallada… porque non se fai unha nova xantanza summer edition?”

Pois iso, convocada xantanza aberta a todo o blogmillo para o domingo 30 de xullo en Santiago, no San Clodio, como a vez anterior, e a base de churrasco, tortillas, ensaladas, viño …e licorka, por suposto! (imaxino que se poderán pedir variantes, se alguén ten algún problema)

Para tratar de que a cousa non se escape demasiado, pregaría ós interesados que se inscribisen neste formulario, sinalando calquera observación, que nesta anotación, tratarei de actualizar. E así tratar de ter o antes posible un total de asistentes e poder reservar con tempo.

Actualización (21/07/06)

O San Clodio está aquí (gracias Goretoxo!)

Apuntados até o momento están:

Goretoxo e parella(s), Ghanito, Muralla e parella, O’Xirarei, Leco e parella, Arduina, Snob Neurótico, Fer, Ifrit, Xornalistiña, Oko, Marcus, Modesto, Calidonia, Ictioscopio, Emereci, Besbellinha, Ascárida, Berto e parella, Mourullo, Acedre, Jan, Martin Pawley, Opaco e máis eu.

Agradecería que se apurase todo para, este venres, confirmar o número de asistentes, ainda que imaxino que non haberá problemas por 2 ou 3 arriba ou abaixo de última hora.

Formulario de rexistro pechado