O miliciano do sol nacente, e outras historias.
O pequeno neno sintoista, nunca vira parir unha vaca. Non colleu medo, e tampouco sentiu noxo, cando o pequeno xato recibía aloumiños da orgullosa frisona. Mais coa primeira acometida nos ubres do recén chegado, o pequeno neno sintoista, prometeu non voltar beber leite… nunca máis.
———-X———-
Pensando que ninguén o vira, achegouse temeroso á fonte, a limpara as feridas e enganar a sede acumulada das noites de bombardeo. No reflexo da lúa desdibuxouse unha sorprendida lavandeira, e o vello soldado plantouse firme diante dela. Ela, coa camisa nova do señorito, limpoulle as feridas durante toda a noite.
———-X———-
Un verme sen anceios de ter a súa propia maza, nunca será un verme digno! Dixéralle a súa avoa, días antes. Pero coa ilusión da cobiza de novos fogares, o pequeno verme aventureiro, morreu afogado entre as sementes do ácedo kiwi. O respecto dos outros vermes, sen embargo, ainda non satisfixo a tristura da vella avoa.
(A miña aportación ó 1º CONCURSO DE MICRORRELATOS DE PSEUDOS
Á MANEIRA DE MANUEL RIVAS)



Xa están os teus microrrelatos colgados na Bola Extra!
Graciñas por participar e por desvirgar o concurso (aínda que isto último sona un pouco mal…)!!! :em43: