Noite de fadas e maxia
Como a tradición marca o camiño, acudimos de novo á Pena Molexa, na máxica noite de San Xoan. Obviamente, non sen antes dar conta dalgunha sardiña… como mandan os cánones por estas datas.
No Val, onde a fada vive presa no interior da Pena, celébrase cada ano, o que ven sendo xa, unha reunión máxica.
A mediametraxe Roi e a fada, convertiu en imaxes o que todos os anos, os veciños do val, representan na Pena… a lenda da fada que foi rexeitada pola cobiza dos homes. Unha producción, que para ser feita por afeccioados e intúo que con poucos medios, sorprende a todos pola súa feitura.
Desta vez, e mellorando cada ano a vivencia dunha noite realmente máxica, varios foron os magos que deleitaron a pequenos e maiores… cartas, cordas, aneis, lume,… e por suposto escapismo… baixo a tutela do Mago Antón, non sei que deparará o 2007… pero haberá que estar alí para seguir sorprendéndonos.
E mentras, no concello veciño, seguimos a agardar a chegada de merlín.




No Comments Feed de comentarios
Add a Comment