Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Asegurando

Comentaba fai tempo da comodidade de levar o teu correo enriba. Entre outras cousas permíteche dispoñer de todas as túas mensaxes de correo (con adxuntos) en calquera momento e lugar.

O uso das chaves usb hoxe en día, está tan extendido e é tan asequible, que nada che impide aproveitarte desta ferramenta, para levar comodamente a documentación importante contigo.

Pero entra en xogo a segunda parte, que é a seguridade. Se eu perdo o meu pendrive, non só é o valor económico do dispositivo, ou das cousas que poda ter almaceadas nel… ademáis no caso do correo, teño moitos documentos persoais con contrasinais, codigos bancarios, informes persoais,… que non me faría moita gracia que circulasen libremente por aí.

Para iso está TrueCrypt, unha ferramenta de código libre e biplataforma windows-gnu/linux que che permite por unha parte, encriptar toda a partición do disco usb e polo tanto todos os datos que conteña, ou por outra crear un arquivo, que a propia aplicación convertirá nunha unidade lóxica virtual na que introducir toda a información que desexes… e todo iso en tempo real e tranparente para o usuario!!! (inclue os algoritmos AES-256, Blowfish (448-bit key) e Triple DES entre outros a escoller)

Levo varias semáns combinando o PortableThunderbird dentro dun deses arquivos con TrueCrypt, e o resultado é fantástico. Non aprecio perda de rendemento e á aplicación tampouco parece importarlle este xogo de unidades.

E ademáis a copia de seguridade para a casa é moito máis sinxela: copio o arquivo e punto!