…recollo na biblioteca o primeiro número en papel do futuro espello dixital da Praza das letras, cito… 
De feito, a web será a acción principal que agrupe todas as actuacións independentes, que se levan a cabo nos distintos subsectores e por parte dos diferentes axentes, dándolles unha unidade.
O mundo da música, do cine, da televisión,… está a ver que na rede as cousas avanzan por sí mesmas, con ou sen o seu consentimento ou desenrolo paralelo.
Igualmente pasa no mundo dos libros, tal vez moito máis parello ó formato dixital, que o resto de artes. Libros sobre bitácoras, de bitácoras, bitácoras de escritores, de libreiros, de editores,…
E portais literarios. O que nos faltaba. Que o cerne da literatura galega, teña o seu punto focal nunha páxina web. Como se estivesemos preparados para iso. Cunha sociedade que le pouco en formato papel, e tal vez menos en formato dixital… e incluso ainda que non fose así, se xa o acceso ós libros materiais non é todo o desexable, qué podemos agardar cando o acceso á rede no noso país entra nas fronteiras da utopía?
…de momento seguimos a agardar…