…estes días, xa houbo varios falando da suposta (re)demostración da Conxetura de Poincaré.
Algunha vez falara do feito de demostrar as cousas… e tampouco quero profundizar agora na citada conxetura… sobre todo por falta de coñecementos en topoloxía de variedades. En calquera caso é unha rama das matemáticas moi interesante, esta que analiza os seus obxetos en base á súa forma.
Estes días andan a aparecer moitas cousas relacionadas con números, coma o artigo do Punset no semanal do fin de semán… unha variante do dilema do ovo e a galiña …e por suposto a confabulación dos pares contra os imapres!
A min, en calquera caso, apetecíame falar dos numeros primos. Por unha parte, do seu uso para o cálculo da letra do NIF… e por outra, porque o outro día useinos para evitar que a actualización automática do correo electrónico de distintas contas, no meu portable thunderbird, se solapase saturando o lapiz usb…
…se tal outro día…