Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Maio 17th, 2006



17.
Maio
ás 10:47
2

Ensino

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

Cando neno era un neno bastante estrano.
Gustábame ler a todas horas, comecei polos tebeos coma algúns outros, e ainda que sigo lendo banda deseñada lía todo o que caía na miña man bo, malo ou regular.
Outro motivo para pensar que non era moi normal é que desfrutaba cas matemáticas, (o cálculo mental é unha habilidade que ainda hoxe exercito decote) cando estaba na EXB dábanseme ben as matemáticas e non comprendía que a moitos rapaces lles arrepiara.

Isto cambiou cando chegou o Bacharelato, pero non penso que fora porque eu pasara a ser parvo de súpeto. Coido que, se os meus profesores de “ciencias”en BUP tiveran a habilidade que tiveron os da EXB non tería escollido as letras (ainda que non foron puras). Nomeadamente lembro unha profesora de fisica e química, e mais de matemáticas en 2º de BUP e concédolle a dubidosa honra de me afastar para sempre (académicamente) do camiño das ciencias.

mariposa

¿Cantos dos que “odian” as matemáticas serán vítimas duns profesores pouco motivados ou pouco dotados para o ensino?

E agora preguntádevos: ¿Que profesións son as mais valoradas socialmente? E cando digo valoradas non vos enganedes, o único recoñecemento que coñece a sociedade son os cartos.

[Anotación de Ghanito, para o intercambio de bitácoras]

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999