Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Maio 16th, 2006



16.
Maio
ás 22:25
1

Pensamentos dende Galiza

arquivado en: PolÉtica, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Colin Davis, leva anos facendo unha análise da nosa terra dende Pontevedra en Thoughts from Galicia, Spain, como él mesmo dí: Random thoughts on Spain from a Brit living in the North West - An introduction to life in Spain.

Anda a pensar en pechalaacedre xa o fixo, e eu voulle pedir tamén que non o deixe…

    Etiquetags:




16.
Maio
ás 21:58
0

Para ver o pasado e pensar no futuro

arquivado en: tomonota, Imaxines, Multi-½, Ceros e uns, Xeral

Algebra invisible, un libro ilustrado ó xeito dos vellos libros de matemáticas. Vía tirafrutas

    Etiquetags:




16.
Maio
ás 21:55
0

Para meditar

arquivado en: tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, Xeral

Que Un de cada dez seres humáns de toda a Historia está vivo neste preciso instante… fai pensar. Vía El lolaberinto

    Etiquetags:




16.
Maio
ás 18:07
1

algunhas concepcións erroneas… que me molestan

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Estou xa un pouquiño canso, de certas reglas non escritas, que se dan por feitas:

- As bitácoras e os que escriben nelas, non son sagradas. Ninguén é máis relevante nin ten dereito a establecer nada, pola suposta relevancia social del mesmo ou da súa bitácora.

- Calquera uso que faga dunha bitácora, é lexítimo. Incluido falar dun memos ou de outros, con calquera fin ou propósito… ou sen él.

- As bitácoras non van acabar con ningún xénero, nin probablemente o pretendan. O que apareza nunha bitácora non ten por qué ser certo, nin que estar contrastado, e incluso non tería que ser preciso contrastalo.

- Ninguén naceu aprendido, e todos podemos botar unha man. Calquera cousa que un precise e da que se pense que pode obter axuda de outro, non debe nunca dubidarse pedila.

- As comunidades só son grupos de xente con algo en común. Se estás nunha non tes dereitos, nin preferencias, nin privilexios ningúns. E se non o estás tampouco pasa absolutamente nada.

- O contacto entre autores e bitácoras distintas non establece compromisos. Por deixar un comentario un día, por falar de outra bitácora outro, ás veces non se pretende máis que iso, comentar algo que che resultou interesante. E se non fose así, tampouco pasaría absolutamente nada.

- Non pasa nada por correxir, ou por que te corrixan. Independientemente de cal sexa a finalidade desa corrección, normalmente servirá para non cometer o erro (se o houbo) novamente.

…e algunha máis que agora mesmo non lembro…

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999