Das películas que de pequeno máis me impactaron Dentro do labirinto é con diferencia a que máis me marabillou de todas.
Gracias a Jorge, vexo agora Mirrormask, a última producción da factoría de Jim Henson. Unha combinación de fantasía e fábula, moi no estilo da citada, pero cunha imaxinería visual desorbitada… fruto todo isto da combinación de Dave McKean e Neil Gaiman.
Parece que a intención era iso mesmo, facer unha película que mantivese toda a maxia de Dentro do labirinto. E ainda que realmente se respira esa idea, o resultado é ben distinto. Moito máis onírico, moito máis concepctual… e dende logo moito máis alonxada dos nenos do que foi a primeira.
En calquera caso un deleite visual… imaxino que o futuro estará claro…