Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Maio 5th, 2006



05.
Maio
ás 15:37
7

Avisar e rastrexar

arquivado en: Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Agora que está a revolucionarse o ablogmillamento neste pais, das cousas que a xente normalmente non remata de comprender neste mundiño é o conto dos trackbacks e os pingbacks.

Na traducción do WP, permitinme traducir trackbacks por rastros, e pingbacks por avisos.

A idea básica é que estas dúas ferramentas, permiten ligar anotacións de distintas bitácoras, que teñen ou falan dun mismo tema común, entre sí. En ambos casos é a ferramenta para bloghear a que facilita o proceso.

No primeiro, cando un fai unha anotación que fai referencia a outra doutra bitácora, soe haber un casilleiro (sinalado coma trackback ou rastro) onde escribir a ligazón desa anotación orixinal. O que fai isto é xenerar unha rede de anotacións que falan dun mismo tema, rexistrandose ese proceso entre os comentarios das mesmas nas distintas bitácoras. Así, un pode facer un seguemento do tema en cuestión, polas distintas bitácoras que o tratan.

No caso do pingback ou aviso, o proceso é un pouco máis automático. Igualmente, se a ferramenta o permite, cando un pon unha ligazón dentro dunha anotación a outra bitácora, a segunda amosará (se o seu sistema tamén o permite) un comentario indicando que a primeira está a falar dela. É tamén un xeito de ver cómo se está a falar do mesmo tema polas distintas bitácoras.

…agora que sabes o que son, xa tes máis motivos para facer uso delas!

Hai máis explicacións por aí

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999