Arquivos de Maio, 2006
ás 20:00
…estudias ou traballas?
arquivado en: Imaxines, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Seguindo un meme, que circula por aí… esta é o sitio onde paso algo máis de 8 horas diarias… (xa van 4 localizacións distintas no que vai de ano)
Son bastante metódico, seino, pero gústame ter todo baixo control e ordeado… polo menos ó meu xeito.
Igualmente penso que esta anotación contradí un apartado do meu contrato… así que, a partir de agora acepto ofertas de traballo…
…o que queira ensinar o seu, que deixe un rastro(trackback) se pode…
ás 9:31
Sobrevalorados
arquivado en: Imaxines, Multi-½, Ceros e uns, Xeral
Xuntos na mesma imaxe dous productos sobrevalorados: O iPod, e a serie Lost.
O primeiro deles, un reproductor de MP3 (por favor señores comerciais, non venden MP3, venden reproductores de MP3), que non é o de mellor calidade de audio do mercado, non é o máis barato do mercado, nin é o máis completo nin eficiente do mercado… pero é o desexo luxurioso de moitos. Chapeau ó departamento comercial de Apple que conseguiron crear un producto que se vende polo desexo de telo e non pola calidade do mesmo.
Da outra banda está a serie de moda, que todo o mundo ve, sen realmente ser emitida neste momento por ningunha canle analóxica do estado (viva o P2P!) Comezou con unha historia moi trillada, naugragos nunha illa, que se reconvertiu nunha amalgama de suspense, aventura, thriller e acción, que enganchou a todo o mundo.
Rematada a emisión da segunda tempada, á que lle dera unha oportunidade, xa confirmo: paso de ver a terceira… e non mercarei o citado reproductor… o meu pequeno xesto de protesta…
[Gracias a Aarón, por deixarme fotografiar o seu pequeniño.]
- Etiquetags: abc, apple, ipod, lost sobrevalorados
ás 15:41
Unha introducción ás folksonomías
arquivado en: Multi-½, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral
Un achegamento moi interesante que axudará a comprender o uso das etiquetas (tags). Vía Agnix, da fonte ProDownload
- Etiquetags: categorías, clasificar, etiquetas, folksonomia tags
ás 17:39
…por fín novo disco!
arquivado en: tomonota, Multi-½, Ciberlingua, galEGO, Xeral
Por fín Berrogüetto saca novo disco:10.0.
Para mín, Berrogüetto, é a mellor banda galega actual, e agardo os seus discos como auga de maio. Só puiden escoitar un tema e medio do disco, nunha escapada do choio para mercalo… pero son fan entreagado, así que sei que me gustará tamén o resto.
[ACTUALIZADO] Confirmado, o disco é fantástico. Berrogüetto ten a maxia de reinventarse a sí mismo a cada momento, e manter a orixinalidade en cada composición co selo da casa impreso en cada nota… Teño a manía de machacar os discos cando me gustan (poñelos unha e outra vez)… así que xa sei o que vai pasar nos próximos meses…
Agora só agardo poder disfrutar coma un anano na festa da fraga deste ano nas pontes… onde eles e a Bouttine Souriante, van armala ben gorda!
- Etiquetags: berrogüetto, disco, fraga, musica pontes
ás 0:58
Fogar
arquivado en: PolÉtica, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Esta é a casa onde naceu Carballo Calero en Ferrol.
…sobra calquera tipo de apreciación sobre o que esa figura representa para a cidade
- Etiquetags:



ou
ou





