Non son moi fan de xuntanzas informáticas, nunca me levaron a vida. Fai uns anos coincidiu que pasaba por valencia cando a party, e alucinei coa cantidade de xente que alí había.
Aproveitando que este sábado tiña que estar en humidtown, curioseamos un pouco pola XGN, debo recoñecer que había moita máis xente da que agardaba, incluso na parte externa. Todo o mundo andaba coas consolas… pero a min o que me gustou foi a máquina do baile, pese a que non me atrevín a subir (os que alí estaban eran auténticos profesionais!)
As notas curiosas foron ver a Camilo Nogueira de incógnito, misturándose entre os visitantes; a Pawley escribindo na súa bitácora minutos antes da súa lembranza dos ordenadores no cine; ou a unha famosa metablogueira que confundiu un moderno cable telefónico (na foto) cunha cinta métrica (hehe, sintoo non me podo resistir ;P)
O mellor do día, foi a fantástica tarde de licor café, rodeado de boa xente e coa que pasei un xantar magnífico. Moitas gracias.
Por certo, na XGN tiveron a ben editar para a ocasión e en galego Ó principio foi… a liña de comandos, de Neal Stephenson. Non sei se haberá algún xeito a posteriori do XGN, de conseguir ese libro, así que se alguén quere unha copia, só ten que pedila.
Mentras Vieiros non saque a semente oportuna, podemos utilizar esta, que xenerosamente xenera Ramón Antonio Parada. Grazas!