Opaco, saberá perdoar a tardanza desta resposta sobre a miña experiencia cunha PDA, pero é que quería probar máis a fondo o aparello, para analizalo con máis coñecemento.
O primeiro problema foi a decisión da escolla, pero o obxetivo estaba claro: Quería conexión sen fíos; ía utilizala prioritariamente para ler, así que a pantalla era importante; e que houbese multitude de aplicacións para ela. A loita debatíase entre a Dell x51V que perdeu por inestabilidade do sistema que usaba e o precio. a HP 2490, que tiña unha pantalla pequena e custaba máis e a finalmente gañadora Palm T|X.
Por menos de 300¤, tiña wireless e 420×320 pixeles. Co cal a decisión veu do empurrón final dalgúns comentarios de usuarios e comparativas pola rede.
Non tiña ningunha experiencia con Palm (coñecía WindowsMobile 2003 do móbil), pero a verdade é que pese a certos problemas inicias debo recoñecer, que para dispositivos portátiles é do máis eficiente. Extrano adaptarse ó principio, pero simple. Para mostra, nunha das aventuras cunha aplicación (xa non lembro cal) a palm reiniciábase continuamente. Foi eliminar o arquivo sospeitoso do ordenador, sincronizar, e problema eliminado. De feito podes eliminar así as aplicacións ou simplemente quitalas de xeito sinxelo, sin arquivos extranos por ningún sitio perdido, nin cartafoles raros. Todo está ben claro e ordeado.
Os programas teñen todos un xeito de traballar semellante, o control do sistema sobre eles permite recuperalos rápidamente e coas novas versións que están a sair para compatibilizar coa T|X, hai poucos erros nos programas. De feito xa hai certos parches para facilitar ainda máis o uso.
Para ver o correo, inicio o Versamail, busca unha conexión wireless, descarga o correo e listo para leelo comodamente. O novo PalmPDF adapta os documentos para unha lectura sinxela. Unha escolma da wikipedia, lista para resolver calquera dúbida. Os mp3 e divx flúen e oense que da xenio. E incluso queda tempo para emular unha consola e xogar ó Monkey Island, ou ó sudoku. Levarte á casa coa axuda dun GPS (estou a ver se atopo mapas para levala de sendeirismo). Ler as novas sindicadas que me interesan… E obviamente levar toda a axenda de contactos, citas, teléfonos,…
Vamos, que xa é inseparable.