Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Marzo 15th, 2006



15.
Marzo
ás 22:27
13

Querida Patricia Iglesias:

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Tiña intención de puntualizar o artigo que hoxe adicas ás bitácoras en La Voz de Galicia… pero non o vou facer.

Básicamente por dous motivos: o primeiro porque non son ninguén para correxir, rebatir …e sentar cátedra moito menos, sobre o que comentas do mundo dos blogs; e o segundo, porque non son xornalista e descoñezo o código deontolóxico da profesión no que atinxe ó coñecemento dun tema cando hai que escribir un artigo sobre él.

O certo é que tampouco sei realmente como tratar o asunto e tampouco teño moito tempo; teño un conflicto entre eu mesmo a ferramenta que utilizo para escribir isto e o servidor… ou os tres, que xa non sei se non serán indivisibles como a santísima trinidade! Igual un día destes consigo que esta bitácora fale soa, e así poder adicarme a ler outras que é o que realmente me gusta. Ainda que o que non sei é que igual teño que pagar algo por facer o que fago, ou peor aínda, deixar unha aportación económica diaria, coma se do parquímetro da beirarúa se tratase… isto claro, se antes non consigo, finalmente, forrarme neste mundiño, e limitarme a facer de censor entre a xente que pasee por aquí.
Realmente, non teño intención de molestar, e valoro a boa intención, que penso tratabas de infundir… pero non sei se ó final, non sería peor o remedio que a enfermidade.

En calquera caso, como tamén teño constancia do dificil que lle resulta a un xornal, encher todas as páxinas con artigos novidosos… compadezo o sacrificio que teñen que facer os xornalistas polo duro que se está a volver o medio.
Atentamente, Amador Loureiro

P.D. Por certo, ós creadores de iniciativas novidosas do xornal no que escribes, coméntalles que fai 2 anos xa houbo outros obradoiros para mestres nos que se falaba de bitácoras.

    Etiquetags:




15.
Marzo
ás 22:24
1

Querida Patricia Iglesias:

arquivado en: Xeral

Tiña intención de puntualizar o artigo que hoxe adicas ás bitácoras en La Voz de Galicia… pero non o vou facer.

Básicamente por dous motivos: o primeiro porque non son ninguén para correxir, rebatir …e sentar cátedra moito menos, sobre o que comentas do mundo dos blogs; e o segundo, porque non son xornalista e descoñezo o código deontolóxico da profesión no que atinxe ó coñecemento dun tema cando hai que escribir un artigo sobre él.

O certo é que tampouco sei realmente como tratar o asunto e tampouco teño moito tempo; teño un conflicto entre eu mesmo a ferramenta que utilizo para escribir isto e o servidor… ou os tres, que xa non sei se non serán indivisibles como a santísima trinidade! Igual un día destes consigo que esta bitácora fale soa, e así poder adicarme a ler outras que é o que realmente me gusta. Ainda que o que non sei é que igual teño que pagar algo por facer o que fago, ou peor aínda, deixar unha aportación económica diaria, coma se do parquímetro da beirarúa se tratase… isto claroí, se antes non consigo, finalmente, forrarme neste mundiño, e limitarme a facer de censor entre a xente que pasee por aquí.
Realmente, non teño intención de molestar, e valoro a boa intención, que penso tratabas de infundir… pero non sei se ó final, non sería peor o remedio que a enfermidade.

En calquera caso, como tamén teño constancia do dificil que lle resulta a un xornal, encher todas as páxinas con artigos novidosos… compadezo o sacrificio que teñen que facer os xornalistas polo duro que se está a volver o medio.
Atentamente, Amador Loureiro

P.D. Por certo, ós creadores de iniciativas novidosas do xornal no que escribes, coméntalles que fai 2 anos xa houbo outros obradoiros para mestres nos que se falaba de bitácoras.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999