Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Grandes contribuintes que non pasarán á historia

Hai centos de miles de pesoas anónimas, ás que lles debemos moitas das comodidades que disfrutamos diariamente… a maior parte das veces, incluso sen ser conscientes de tal feito.

Non vou lembrar ó inventor do velcro, nin do bolígrafo… hoxe só quero lembrar a matemáticos anónimos.

Edgar F. “Ted” Codd, foi o inventor teórico das bases de datos relacionais, un xeito revolucionario no seu tempo (e tal vez agora) de xestión de datos, no que os mesmos son almacenados e consultados en base á relación que existe entre eles… o caso é que a maior parte das bases de datos que se usan neste planeta (incluidas MySQL, SQLServer, OracleDB,…) baséanse nesta teoría matemática (bancos, bibliotecas, organismos oficiais,…).

Grace Hopper, foi unha pioneira programadora informática, en máquinas como a mítica Mark I, desenrolando igualmente a linguaxe Cobol, ainda hoxe utilizada en moitas empresas bancarias, e que fixo asequible a complexa programación nos inicios da informática.

Dennis Ritchie, é co-creador (con Kernigan) da linguaxe de programación C, unha linguaxe informática, na que están escritos (nunha alta porcentaxe) a maior parte dos sistemas operativos que usamos hoxe en día… incluso moitos dos programas que permiten programar en C, están escritos tamén en C.

Whitfield Diffie, sentou as bases da criptografía de clave pública (xunto con Hellman), que usamos todos os días cando facemos transaccións seguras por internet, nos bancos,… Algo tan sinxelo, tan claro, e tan eficiente, que asusta.

Leslie Lamport, confeccionou a linguaxe de codificación que hoxe en día usan miles de persoas para escribir libros científicos, o LaTex. Un xeito moi sinxelo de expresar complicadas fórmulas científicas, cunha presentación clara, e lista para editar de forma impresa.

…un recoñecemento a todos eles!