5 costumes definitorias

Con retraso, deixo as 5 manías, habitos ou costumes… que solicita Spaviladiyo… para disfrute de psicóticos en xeral…

  • Sempre que vou a sentarme ó baño, teño que levar algo para ler. Váleme calquera cousa, dende os anuncios do Lidl, até unha revista vella… pero algo teño que levar!
  • Non soporto a impuntualidade, e moléstame incluso se non se chega antes da hora pactada.
  • Teño tendencia ó compleccionismo coleccionista… se algo me gusta (escritor, músico,…) tendo a querer ter toda a obra feita polo artista.
  • Escribo sempre que podo con estilográfica, xa que teño tendencia a escribir cargando moito e non fago máis que destrozar bolígrafos.
  • Cústame moitísimo dicir que non ás cousas e/ou ás persoas, o cal non quere dicir que sempre me apeteza ou poda facelas.

Os que queiran seguir coa leria, non teñen que pedir permiso…