Arquivos de Febreiro 13th, 2006
ás 21:34
20 anos… non son nada.
arquivado en: Xeral

A biblioteca de Narón cumplíu o pasado día 10 de febreiro… 20 anos… vaia!
Aplícase neste caso o famoso… “calquera tempo pasado, foi mellor”
Os mellores escritores da literatura galega, pasaron tardes fantásticas cos seus lectores… obras de teatro por e para rapaces, fixeron as ledicias de todo o mundo… contacontos e xogos para os máis pequenos, animaron as paredes da mellor biblioteca do mundo.
Hoxe, nin o edificio é o mesmo. As cousas cambiaron moito… de feito, non creo que hoxe puidese repetirse o laboratorio que xurdiu á beira desta biblioteca nos finais dos 80 e principios dos 90… eran outros tempos.. eran outros rapaces…
Aproveito, para ter un recordo para todos os que compartiron aqueles fantásticos anos de diversión, lectura e xuventude.
…e creo que xa o dixen algunha vez pero… mil gracias Macamen por todos esos anos!!!
- Etiquetags:



ou
ou





