Como non teño moita idea de fotografía en xeral, e da dixital en particular aínda menos, vou sinalar algunhas cousas que poden servir de axuda… ós paspáns coma mín.
- Balance de blancos: Poder establecer, coa cor da luz do momento cómo é o blanco, evita tonos extraños cando anoitece, na neve,… ou en condicións de luz fora do normal.
- Velocidade de obturación: É o tempo no que a cámara permanece captando a imaxe. Vai ligado á apertura da mesma, de xeito que canto máis se abra o obturador menos tempo de exposición debe ter a cámara para non mostrar imaxes mói claras (e viceversa). Para fotos con movementos (coches, ríos,…) xogar con tempos longos pode mostrar fermosos efectos de barrido, fluxo,… e con tempos curtos, pódese captar unha instantánea dunha gota, por exemplo.
- Apertura de diafrágma: É o tamaño que terá o furadiño polo que entra a luz na cámara. A maior tamaño máis luz e polo tanto máis detalles se poden captar, por exemplo en grandes panorámicas, onde todos os detalles aparecerán enfocados. Se disminuimos o mesmo podemos facer fotos de pequenos detalles coma flores, insectos.
- Temporizador: Se queres sacar fotos onde a cámara dí que tes que estar moi quedo (por condicións de pouca luz, normalmente), poder programar a cámara 2 segundos, por exemplo, para que esta non se mova coa propia pulsación do botón, axudará a que saia menos movida.
- Sensibilidade da película: Eu ainda non acabo de entender cómo nas cámaras dixitais se pode establecer a sensibilidade ISO da película (!?) pero o caso é que en fotos nocturnas unha ISO alta (400) axuda a mellorar os contornos.
- Trípode: Non fai falla un moi grande, un de peto é máis que suficiente para sacar fotos a pequenos obxetos, de noite ou cando hai pouca luz, evitando o movemento das mans.